ZZ para o Spam

Autor: Daniel Díaz De La Iglesia

Data: 02/05/2004

Correo: danieldiazdelaiglesia_AT_NON_SPAM_gmail.com

Spamassassin é unha ferramenta escrita en Perl que emprega filtrados bastante complexos, unha vez que un correo pasa por spamassasin, pasalle todos eses filtros e puntúao, aquel correo que pase dos 5 puntos é considerado spam e ponlle a marca de spam correspondente.

Hai termos específicos de spam que vou aclarar brevemente:

falso positivo -> É aquel correo que si que é spam, pero que o noso filtro de spam non detecta e aparece na nosa bandexa de entrada

falso negativo -> É un correo dirixido a nós, que non é spam, e que si considera o filtro de spam que si que o é.

1- Instalacion de spamassassin



# apt-get install spamassassin spamc

Listo!!!!

2 - Configuracion KMAIL

Primeiro de todo, crearemos unha carpeta,que será a que conterá todo o spam que nos chegue, eu chameille Spam

Imos a: KMail -> Configurar Filtros

Son simplemente dous filtros:
O primeiro é para analizar co spamassassin os correos menores de 250 000 bytes, pois é o tamaño máximo de correo co que traballa o spamassassin
O segundo, é para mandar á carpeta de spam no caso de ser un posible spam.

Filtro 1 : Somentes aquel correo que sexa de menos de 250 000 bytes pasamolo pola tuberia spamassassin





Filtro 2: Somentes aquel correo que teña a marca de spam posta polo spamasssasin o moveremos á carpeta Spam



3- Entrenamento



Eu de cando en cando entreno o spamassassin.
Primeiro movo aquelas mensaxes falsas positivas á carpeta de spam e as falsas negativas á bandexa de entrada
Desta maneira, cada carpeta ten o que ten que ter. :D

Agora entrenoo, pra que aprende de todolos correos spam, e tamén para que aprende de todolos correos que non son spam.

PAra que aprenda spam:

#sa-learn --spam --showdots /home/usuario/Mail/Spam/

PAra que aprenda o que non é spam:

#sa-learn --ham --showdots /home/usuario/Mail/inbox --mbox

Poño --mbox porque a bandexa de entrada esta nese formato

Notas do autor


Este doc fixose a prisa e correr, asi que faltan moitas cousas, desculpade aqueles temas que non se tratan (tal como entrar en detalle no entrenamento do spam), pero as présas nunca foron boas... :D